Primeiras investigacións sobre o camiño Miñoto Ribeiro, polo historiador Cástor Pérez Casal, Concello de Padrenda.
Inícianse labores de proxección, difusión e negociación para a consecución do obxectivo último: o recoñecemento do camiño.
Créase a primeira asociación centrada na investigación, recuperación e documentación histórica do camiño presidida por Cástor Pérez Casal.
Lógranse os primeiros obxectivos propostos: a estrita e rigorosa documentación e fundamentación histórica do trazado global.
Reunión co delegado provincial da Xunta de Galicia, co Presidente da Deputación de Pontevedra e a xerente de turismo de Pontevedra para o involucración no proxecto.
Promoción do camiño coa primeira camiñada o 27/11/2010.
Publicación dun libro sobre o camiño: "Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro" publicado pola Deputación de Ourense.
Preséntase o traballo de investigación nas "Xornadas de Historia Chamoso Lamas" en Carballiño (Ourense).
Participación nas: "IX Xornadas históricas de Castro Leboreiro", organizadas polo NEPML.
Libro: Os Camiños de Santiago Miradas e Experiencias - Unha mirada dende a Saúde Pública cara ao Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro.
Maceiras García, Lourdes, Cid Fernández, Xosé Manuel; Braña Rey, Fátima; Fernández Senra, Mariló; Fernández Senra, Xulio (eds). Os camiños de Santiago: miradas e experiencias. Deputación de Ourense; 2012.
Xornada de divulgación do camiño que se celebra no Centro Cultural Marcos Valcarcel.
Primeira exposición itinerante polos concellos baixo o epígrafe "Medicina e arte", obras versadas sobre os elementos do camiño.
Créase a Asociación de Concellos.
Preséntase o proxecto ante a Dirección Xeral de Patrimonio, que por entón preside José Manuel Rey Pichel.
Créase a páxina de Facebook: Camiño Miñoto Ribeiro.
Reunións, contactos con alcaldes da comarca do Ribeiro para recuperar o camiño por esa zona.
Créase o grupo de investigación histórica sobre o Camiño Miñoto Ribeiro. Facebook
Xornadas sobre o Camiño Miñoto Ribeiro no Concello de Vedra.
Reunións e contactos con alcaldes da comarca Baixa Limia para recuperar o camiño por esa zona.
Instálanse os primeiros sinais oficiais de camiño.
Presentación do proxecto en Beariz nas xornadas organizadas pola "Asociación Amigos da Terra de Montes".
III congreso internacional da auga, que ten lugar na facultade de historia de Ourense. "Valoración do turismo termo-cultural no Camiño Miñoto".
Lombeirada oficial ao camiño: o Conselleiro Román Rodríguez González reúnese en Castro Leboreiro (Portugal) cos representantes dos concellos de Galicia e Portugal.
Entrégase en cultura o traballo de delimitación do Camiño Miñoto Ribeiro feito polo arqueólogo J. Lamas, membro do Grupo de Investigación do Camiño.
Publicacións varias de Cástor Pérez Casal e José Ramón Estévez sobre o Camiño Miñoto Ribeiro en prensa, revistas sobre Camiños de Santiago ou actas que presenta en congresos.
O Camiño Miñoto Ribeiro no programa "A Revista" na Televisión de Galicia.
Publícanse en Wikiloc os tracks do camiño.
Créase a páxina web: www.caminominotoribeiro.com
Créase a guía do camiño.
Reunión de traballo na Cámara Municipal de Mélgaço.
Créase o grupo oficial de investigación en Portugal, composto por historiadores, arqueólogos e técnicos.
Concellos e Cámaras unifican a sinalización e estratexias para o recoñecemento Xacobeo.
Reunións e contactos cos alcaldes de todas as Cámaras por onde transcorre o Caminho Minhoto Ribeiro no país veciño Portugal; Braga, Vilaverde, Ponche da Barca, Arcos de Valdevez, Monçao e Melgaço.
Reunións de traballo co grupo de investigación do Caminho Minhoto Ribeiro.
Publicación de libro, os Hospitais e hospederías do Camiño Miñoto Ribeiro por José Ramón Estévez Pérez.
Publicacións varias por Cástor Pérez Casal e José Ramón Estévez sobre Camiño Miñoto Ribeiro en prensa, revistas sobre Camiños de Santiago.
Finalízase o traballo de investigación do Caminho Minhoto Ribeiro feito polo historiador Castor Pérez Casal.
Asínase do protocolo do consorcio formado polos presidentes das cámaras de Braga, Vila Verde, Arcos de Valdevez, Ponche dá Barca, Monçao e Melgaço, á que tamén asistiu a secretaría de Estado de Turismo de Portugal Rita Marques, A directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o presidente da Asociación do Camiño Miñoto Ribeiro Avelino Luís de Francisco.
Presentación do traballo de investigación en Melgaço aos presidentes das cámaras de Braga, Vila Verde, Arcos de Valdevez, Ponche dá Barca e Monçao.
Entrevista ao historiador do camiño Castor Pérez "O Condado, O Roncesvalles do Camiño Miñoto Ribeiro".
O camiño recibe o recoñecemento da igrexa e concédeselle a Compostela – Roteiro Xacobeo.
Guía práctica: A saúde e os seus coidados no Camiño Miñoto Ribeiro.
Maceiras Garcia, Maria Lourdes; Estévez Pérez, José Ramón; Garcia Pomar, Dionisio; Lamas Bértolo, Jorge; Lozano Paz, Moisés; Maceiras Segovia, Mariña; Segovia Largo, Ángel.
info@caminominotoribeiro.com