Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Boborás, arte e natureza. Somos parte do camiño

Fonte: Asociación Camiño Miñoto 28/02/2020

Boborás, arte e natureza. Somos parte do camiño
Respira fondo, abre os ollos, esperta... Si! estás aquí, en Boborás, no lugar soñado.
 
Queda moito por mostrar, porque o Concello de Boborás ten de todo e moito... mámoas, castros, tumbas  antropoformas, acubillos,  mineiría, pontes, pazos, igrexas, torres, cruceiros,  horreos, lavadoiros... e unhas paisaxes para namorarse: desde o "Alto do Paraño"... coas impresionantes vistas como desde "A  Fenteira", ata o salvaxe e fermoso percorrido dos ríos Arenteiro,  Viñao e Avia entre outros e chegando a zona do Ribeiro, cos bancais e a vide como protagonista.
 
Todo Boborás merece visita, en cada lugar hai sorpresas e tesouros escondidos, pero sobre todo vivencias e recordos! Si, sábelo ben, estás aquí, no lugar soñado...

Estás en Boborás.
Boborás, Arte e  Natureza
Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar