A asociación que promove o recoñecemento como vía cultural estrea web e guía e mira ao 2021
O Camiño Miñoto Ribeiro é unha dos roteiros a Compostela máis descoñecidas e antigas, froito dun intenso traballo de documentación e recuperación iniciado hai dúas décadas. A Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, á que pertencen 17 concellos polos que pasa o trazado –12 son ourensáns–está a dar pasos importantes para que a Xunta recoñeza o Camiño como vía cultural, o paso previo á declaración de roteiro xacobeo. En palabras do presidente da asociación e alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, "un paso moi importante de fronte ao Xacobeo 2021". O Camiño Miñoto Ribeiro acaba de estrear unha completísima web coa historia do camiño, o trazado, unha guía gratuíta e todos os detalles desta xoia patrimonial que aos poucos se fai un oco entre os peregrinos a Santiago.
Logros do roteiro
Cástor Pérez é un dos historiadores que no ano 1998 iniciou o traballo de documentación do roteiro, que transcorre desde a cidade portuguesa de Braga gasta Santiago. "Ninguén coñecía o camiño", lembra. Os concellos ourensáns que forman parte da asociación polos que transcorre o roteiro son: Lobios, Entrimo, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Ribadavia, Castrlo de Miño, Beade, Leiro, Carbaliño, Boborás e Beariz. Natureza, termalismo e viño son os elementos diferenciadores do Camiño. En 2019, a asociación entregou á Consellería de Cultura o traballo de delimitación do Camiño Miñoto Ribeiro, un completo informe de 700 páxinas que está sobre a mesa da Dirección Xeral de Patrimonio para conseguir a lombeirada definitiva a este roteiro como vía cultural, un paso que daría un impulso económico á provincia.